Obradoiros de cartón na biblio de Berdeogas (Dumbría)
Esta semana visitounos Mircromina Teatro de Títeres para amosarnos as posiblidades do cartón como ferramenta para a creación de figuras, escenarios, de historias, …
Foi do máis entretido!

Esta semana visitounos Mircromina Teatro de Títeres para amosarnos as posiblidades do cartón como ferramenta para a creación de figuras, escenarios, de historias, …
Foi do máis entretido!

O pasado xoves, na biblio de Berdeogas, tivemos un obradoiro científico do máis interesante.
S.O.S. A Terra: Propiedades da auga, foi a escusa perfecta para pasalo ben, experimentar e buscar nos nosos andeis moitos libros para seguir desfrutando e aprendendo.
Interesante!

O pasado venres asistimos na biblio de Berdeogas á actuación de Marta Ortiz.
Coseu, contou e cantou, todo nun.
Gustounos moito!

A chuviosa tarde do sábado pasámola da mellor maneira posible.
Na biblio de Berdeogas, a través de exemplos, achegámonos ao método científico, á ciencia, a átomos e moléculas; e os rapaces e rapazas asistentes puideron participar na realización de varios experimentos.
Moi recomendable!



A tarde do sábado a Alquimista chegou á nosa biblio.
Chegou cargada de historias (historia da ciencia), pero tamén de fantasía e música.
Encantounos a actuación de Cristina Collazo, acompañada de Martiño.
Unha bonita maneira de achegar a ciencia aos máis pequenos, a través do teatro e a música.
Moi recomendable!


O sábado 3 de outubro na ALM Berdeogas escoitáronse uns contos de meeedo…
Brais das Hortas achegounos a súa música, o seu humor e uns contos que, ademais de facernos caghar patatillas, alegráronnos a tarde e fixéronnos mover o esqueleto e afinar a gorxa.

O sábado 19 visitounos na ALM de Berdeogas o Mago Teto xunto con 4500 anos da incrible historia da maxia.
El sempre tan profesional e colaborador.
A actividade moi recomendable.


Séguenos