Sheila García Prado fixo as delicias da cativada na Axencia de Lectura de Portosín.
A cativada de Portosín pasou unha mañán entretida grazas a Sheila García Prado co obradoiro de Arquitectas con A.

A cativada de Portosín pasou unha mañán entretida grazas a Sheila García Prado co obradoiro de Arquitectas con A.

Este luns, 1 de agosto, Carmen Domech fixo pasar unha boa mañá a rapazada de Portosín.

Este martes día 26. Bardo Abelardo triunfa da Axencia de Lectura de Portosin.


A rapazada de Portosín e a súa contorna tivo unha oportunidade para mergullarse de cheo nas tecnoloxías máis creativas co obradoiro de robótica educativa que este luns fixo unha parada na Axencia de Lectura de Portosín.
No día de onte os rapaces puideron desfrutar desta estupenda obra no Auditorio da Axencia de Lectura de Portosín.
Esta montaxe narra e interpreta contos para educar na igualdade e na diversidade. O eixo central das historias é fada Menta, personaxe do “Libro das emocións para nenas e nenos” da escritora Gemma Lienas. As técnicas utilizadas para a representación son os despregables Pop- up e o teatro de papel.

No día de hoxe A RUN RUN presentou “Aquelando As Nosas Letras” na Axencia de Lectura de Portosín.

Hoxe na Axencia de Lectura de Portosín, @s nen@s pasárono xenial desfrutando cunha sesión de contacontos a cargo de Celtia Figueiras Rama que leva por título ” U-la Lúa? ”

Os rapaces de Portosín pasárono xenial no día de onte grazas á Asociación Lucense de Tempo Libre (A Nube Animación). Grazas por este bo rato!!

Fantástica actuación de Lydia Botana, que nos fixo desfrutar a pequenos e maiores!
“Contos de aquí para alá” é unha proposta musical e teatral, un espectáculo didáctico que conta cun libro – disco coas cancións deste conto, mediante o cal viaxamos por todo o mundo coñecendo as súas diferentes músicas.

O sábado 5 de outubro, tivo lugar na Biblioteca Pública Municipal Xerardo Díaz Fernández de Porto do Son, a actuación de Raquel Queizás, presentando a súa obra: “Somos iguais. Contos pola igualdade”, dentro do programa subvencionado pola Xunta de Galicia: actividades de dinamización da lectura que promovan a igualdade entre homes e mulleres e/ou a loita contra a violencia de xénero nas bibliotecas e/ou axencias de lecturas públicas de titularidade municipal.
Un contacontos, que contou cunha boa afluencia de nenos e nenas, na que Queliña quere ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de PRINCESAS ROSAS e apoucadas e de PRÍNCIPES AZUIS e insensibles e un día dixo BASTA XA!!! Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos SOMOS IGUAIS. Si, igual de valentes e igual de sensibles.


Séguenos