Non hai cousas de neno e cousas de nena: Só de persoas.
No día de onte os rapaces puideron desfrutar desta estupenda obra no Auditorio da Axencia de Lectura de Portosín.
Esta montaxe narra e interpreta contos para educar na igualdade e na diversidade. O eixo central das historias é fada Menta, personaxe do “Libro das emocións para nenas e nenos” da escritora Gemma Lienas. As técnicas utilizadas para a representación son os despregables Pop- up e o teatro de papel.