Óscar Villán revélalle á rapazada de San Sadurniño os segredos da ilustración
O ilustrador Óscar Villán mostroulles onte aos alumnos e alumnas do CPI de San Sadurniño toda a arte que hai detrás da ilustración dun libro. Arte, técnica e, sobre todo, creatividade, que se conseguen a forza de práctica e de beber en fontes tan diversas como Picasso, Klee, Francis Bacon e outros e outras grandes da pintura de todos os tempos.
O autor repasou algunhas obras e artistas de referencia, ao tempo que incidiu en que todo se reduce a ter ganas de pintar ou debuxar e a practicar ata dar cun estilo propio co que darlle saída á creatividade que todos e todas levamos dentro. Por outra banda, Villán tamén repasou o proceso de trasladar unha idea ao papel tomando como exemplo os seus propios deseños.









Séguenos