Tic, tac, toc canta comigo de Pablo Díaz en Bergondo
E o día 25 de maio, dentro da programación das Letras Galegas, tivemos a Pablo Díaz, que veu visitar aos nenos e nenas do CRA de Bergondo.
Pasárono en grande cantando as súas cancións!


E o día 25 de maio, dentro da programación das Letras Galegas, tivemos a Pablo Díaz, que veu visitar aos nenos e nenas do CRA de Bergondo.
Pasárono en grande cantando as súas cancións!


O 16 de maio tivemos en Bergondo dúas sesións deste obradoiro cos/as nenos/as de 4º, 5º º 6º de primaria.
Un momento lúdico onde mentres Enrique Mauricio lles falaba aos nenos/as da vida de María Victoria Moreno, Tania Solla realizaba ilustracións sobre ela.


O día 26 de maio veu Magin a actuar ao noso concello. A súa función foi “Letras e Notas” e realizouna para os nenos e nenas de educación infantil.

Onte Anxo Fariña realizou na biblioteca infantil- xuvenil o obradoiro “Ilustración e Mindfulness” cos rapaces/zas de 4º da E.S.O. O obradoiro funcionou de marabilla. Os rapeces/zas sairon moi contentos.


Onte realizouse a actividade musical de Paco Nogueiras no auditorio anexo á biblioteca.
Asistiu toda educación primaria (un total de 260 rapaces e rapazas) que quedaron encantados/as coa actuación. Participaron moi activamente. Acabaron cansos/as de tanto bailar!


Actuación realizada para os/as alumnos/as de 4º,5º e 6º de ensinanza primaria, no auditorio anexo á biblioteca. Actuación moi educativa, especialmente no fomento do respeto á natureza.

Realizamos esta actividade, no auditorio anexo á bilbioteca para os/as alumnos/as de ensino secundario. Un estupendo espectáculo guionizado de maxia e música que conectou ás mil marabillas cos/as rapaces.


Realizamos esta actividade, baseada no libro-cd-dvd “Brinca Vai! De aquí a acolá”, no auditorio anexo á biblioteca para os/as nenos/as de Educación Infantil.
Tanto os/as nenos/as, que coñecen moi ben o libro, como os/as profesores pasarono en grande.
Actividade realizada no autidorio anexo á biblioteca do concello de Bergondo para o Colexio, Rural Agrupado (C.R.A) de Bergondo
A actividade realizouse no auditorio anexo á biblioteca para os escolares de 1º, 2º e 3º de primaria. Estivo moi ben, os/as nenos/as encantoulles.



Séguenos