Obradoiro de Banda Deseñada con Xosé Tomás
A actividade realizouse o 14 de maio cos rapaces e rapazas de secundaria, adaptándose estupendamente ás idades dos mesmos.
A actividade realizouse o 14 de maio cos rapaces e rapazas de secundaria, adaptándose estupendamente ás idades dos mesmos.
Esta actuación que se desenvolveu o día 17 de maio, está ancadrada na XV Semana das Letras Galegas, organizada pola Biblioteca Municipal e o Concello de Bergondo.
Actuación baseada no conto do mesmo nome, onde Chrystian Magic, da súa chistera sacou dúcias de xogos de ilusionismo que reviviron as aventuras do seu protagonista e do vello Mago Bosco. As súas aventuras transcorreron perdidos nos laberintos que atravesaron o chan dun castro e do gran bosque que o rodea e… que está protexido por mouros! Chrystian intentou descubrirlle aos asistentes a ilusión, a fantasía e a maxia que se esconde en todos os libros e na lectura só con deixar voar a imaxinación e poñer en práctica a súa creatividade.



Esta actividade que se desenvolveu o 16 de maio, está encadrada na XV Semana das Letras Galegas, organizada pola Biblioteca Municipal e o Concello de Bergondo.
Soledad Felloza da man da palabra e a oralidade, levou ao público a un mundo imaxinario, que no seu tempo existiu no territorio da vella Gallaecia da Idade de Ferro: a dunha mitoloxía rica e plena de deuses, ata agora casi descolecida.
Asistiron os rapaces escolarizados en Educación Secundaria, no C.P.I. de Cruz do Sar e mestres: 170 persoas.


ar e
Esta Actuación que se desenvolveu no concello de Bergondo o 15 de maio, está encadrada na XV Semana das Letras Galegas organizada pola biblioteca Municipal e o concello.
Catalina Lino Lina transmitiulle aos asistentes a paisón polos libros. Contou como, farta de agardar a que alguén abrise as páxinas do libro no que habitaba para poder cobrar vida, decidiu escapar para vivir as súas propias aventuras.
Asistiron 251 rapaces de Educación Primaria.



Actuación realizada o 17 de maio no auditorio anexo á bilioteca. Contou cun gran número de público e gustou moito.

A actividade realizouse o día 14 de maio, encadrada na semana das Letras Galegas con 2º e 3º ciclo de primaria. Os/as rapaces/zas quedaron encantados/as. Foi moi participativa, algo que aos rapaces/zas lles encanta



A pesar de realizala no auditorio anexo á biblioteca foi moi participativa.



Séguenos