“O tesouro do pirata Frank” de Patasdepeixe na Biblioteca de Municipal de Boiro o 11 de outubro do 2024


O 5 de novembro de 2024 María Move desenvolveu un bonito espectáculo de música e ritmo na biblioteca para bebés, UMU, e conseguiu manter a súa atención. Gustou moito

O 4 de novembro do 2024 o mago Richard realizou trucos de maxia na biblioteca e fixo participar ao público. Gustou moito a actuación.

Os naufragos teatro montaron un obradoiro sobre cal sería a biblioteca ideal dos asistentes e crearon entre todos un libro xigante.
O sábado 14 de outubro
O 13 de outubro ás 20 horas
Vero Rilo contou historias que foron do interese dos asistentes
A actividade desenvolveuse con normalidade, Pavís Pavós foron interactuando co público e contando historias divertidas.
Os/as nenos/as gozaron do espectáculo, participaron activamente e estiveron moi atentos/as
Hoxe na Biblioteca Municipal de Boiro, nenxs e maiores, pasamos unha maña moi agradábel e divertida na compaña de Paula Carballeira, que cos seus contos levounos a lugares fantásticos, acompañamos as bruxas nos seus viaxes, recorremos camiños polos bosques, e incluso acompañamos a un sapiño na súa aventura. Grazas Paula por regalarnos esta maña.
Onte en Boiro puidemos gozar da actuación de Raquel Queizas co seu espectáculo “Travesías”.
Dende o comezo, a conexión e interacción co público foi unha constante, conseguindo transportar a tódolxs presentes cas súas historias, a mundos e lugares fantásticos, facendo voar a nosa imaxinación, descubrindo e vivindo grandes aventuras protagonizadas por mulleres inspiradoras.


O pasado sábado 21 ás 12h estivemos con Brais das Hortas.
Tivemos a oportunidade de escoitar os seus contos tan inspiradores, reais e rebeldes. Onde ademais puidemos cantar, bailar, aprender… Foi unha mañá moi divertida e formativa!
Hoxe mércores, 18 de setembro ás 18h, na Biblioteca Pública Municipal de Boiro estivemos con Pedro Brandariz. Pasamos unha tarde divertida e participativa na que gozaron tanto as familias comaas crianzas. Nos seus contos transmitiu valores tan importantes na sociedade coma a tolerancia, igualdade, compañeirismo…
Esperamos seguir contando ca vosa participación!


Séguenos