“Dada o Duende”, na Biblioteca de Boqueixón

Divertidísimo contacontos!!!! no que ademáis trasladou aos asistentes valores como a igualdade, a defensa da natureza e o amor polos libros.

Divertidísimo contacontos!!!! no que ademáis trasladou aos asistentes valores como a igualdade, a defensa da natureza e o amor polos libros.
Un magnífico Paco Nogueiras presentou un espectáculo mezcla de música e tradición que fixo as delicias de pequenos e maiores. Repasamos o máis significativo das nosas festas: o nadal, o entroido… dun xeito amable e divertido.
A narradora “Sole” engalionounos a todos cunha selección de contos de diferentes partes do mundo, combinando as risas cós medos e os silencios cós bailes…. moi entretido
O 16 de maio celebramos o FESTIVAL DAS LETRAS na biblioteca de Boqueixón cunha variada programación na que destacou a magnífica actuación de CARLOS COIRA, quen co seu espectáculo “ABRAPALABRA. MAXIA E POESÍA”, fixo as delicias do público asistente.

Espontaneidade e creación foron os recursos empregados polos nenos e nenas que participaron na actividade. Logo dunha seinxela explicación das técnicas axeitadas para pintar os títeres nas mans, os rapaces/-as puxéronse “mans a obra” con resultados moi sorprendentes.

Manuel Solla fixo as delicias de 40 rapaces cun espectáculo no que mesturou títeres, maxia e contacontos. Pretendeu e conseguiu a participación activa de todos/-as.


Séguenos