Pakolas presenta en Brión “A Ramona pequena vai á Lúa”






O luns 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas, unha data para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.
Para conmemorar esta efeméride tan especial, a biblioteca municipal organizou unha actividade de animación para crianzas que contou coa presenza da escritora e narradora Charo Pita que presentou en Brión o contacontos “Andar aos biosbardos”. Ler máis →


Gloria Mosquera de Mamá Cabra presentou en Brión o espectáculo musical “Patrimonio Natural”, un recital baseado no libro-disco do grupo Mamá Cabra titulado “A fraga do meu avó” publicado pola editorial Galaxia en 2019. Unha obra dirixida a público infantil que busca concienciar sobre a problemática dos bosques autóctonos e dos espazos naturais. Ler máis →






O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas, unha efeméride moi especial que aproveitamos para traer cada venres de mes un espectáculo de animación para toda a familia. Un xeito de reivindicar o libro e a lectura a través do teatro, a narración oral e a música. Ler máis →


Este venres celebrouse o segundo serán de animación da programación especial “Outubro, mes das bibliotecas”. Un espectáculo protagonizado polo doutor Pedro Brandariz, que durante 60 minutos se converteu no noso “Médico de familia”. Ler máis →


Paco Nogueiras inaugurou hoxe a programación do “Outubro, mes da biblioteca” coa presentación en Brión de ”Extra!”, un espectáculo para toda a familia baseado no libro-disco do mesmo título editado por Kalandraka. Ler máis →


Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das bibliotecas; unha data na que queremos trasladar á cidadanía a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectoras/es de todas as idades coa cultura e coma instrumento de mellora da formación e convivencia.
Para conmemorar esta efeméride tan especial, a biblioteca municipal celebrou un concerto a cargo dos amigos de Música Miúda. Un recital de aproximadamente 50 min. cheo de boa música e cancións para toda a familia: “Bemol Pequeno”, “Vén bailar e cantar coa meiga Xela”, ”O dinosauro Pepón”, etc. Ler máis →




Séguenos