Estrafalaria. Mulleres extraordinarias

Os nenos e nenas de Miño coñeceron a mulleres libres e independentes en grandes contos narrados de forma xenial por Xarope Tulú.

Os nenos e nenas de Miño coñeceron a mulleres libres e independentes en grandes contos narrados de forma xenial por Xarope Tulú.

O Sábado 26 de outubro, nenas, nenos, papás e mamas traballaron nun obradoiro cheo de creatividade en pro da igualdade.
Maña de sábado en igualdade con Patricia Núñez do Faiado de Nin

Moitos foron os nenos e nenas que viñeron onte día 23 de Outubro a Biblioteca de Miño para disfrutar das marionetas. Títeres Cachirulo fixeron posible que esta tarde fora xenial.
“Se les moito ocórrenseche mais cousas para debuxar”. Esa foi a mensaxe de Estefanía Padullés aos nenos e nenas que asistiron o mércores 16 ao obradoiro de ilustración na biblioteca de Miño. Fixeron un reconto dalgunhas importantes mulleres da historia, para logo, debuxar ás súas heroínas preferidas.

O Sábado 5 de Outubro o Mago Paco fixo posible a maxia o redor de unha gran historia , nenos, nenas e maiores pasaron unha hora moi, pero que moi cortiña na Biblioteca de Miño.
En unha maña soleada de Sábado os nenos e as nenas de Miño puideron comprobar como cambian os contos clásicos cando falamos de igualdade. Moitas Gracias a Compañía de Miguel Alonso por o seu traballo e profesionalidade.

A maxia da música fixo de unha tarde de moito calor, un día cheo de frescura en Miño

Magín Blanco fixo posible que moitos nenos e moitas nenas pasaran unha tarde distinta escoitando contos e música. Tamén nos acompañaron moitas mamás e algún que outro papá e avoas.

Moitas Gracias Magín pola túa profesionalidade.
O pasado día 6 de Setembro ás 6 da tarde 22 nen@s viñeron a escoitar os contos de sempre, para xente de agora, unha moi boa adaptación dos contos de toda a vida, xenialmente interpretados por Fátima Fernández

Onte 10 de Xullo 32 rapaces e rapazas viñeron a Biblioteca na compaña de seus pais para escoitar e ver as marionetas e debuxos con que Carmen Domech acompaña a narración dos seguintes contos : Dous de Historias de Ratos, Julieta estate quieta, 7 ratos cegos e Frederik.
Unha entretida maña na Biblioteca de Miño

A compañía TrinkeTrinke viñeron á Biblioteca de Miño con novas historias cargadas de contido. Esta vez, faláronnos dos nosos maiores, a importancia do respecto cara a eles, de non esquecelos, de lembrar sempre a súa sabedoría. Todo isto cargado con tenrura e delicadeza, fixéronnos pasar un intre que non esqueceremos tan fácilmente.
A Biblioteca tivo con gran aforo de persoas nenos e maiores que gozaron coas historias de TrinkeTrinke, ademáis contáronse: “Avós” e ” Á Arbore Xenerosa” dúas historias publicadas por la editorial Kalandraka, dispoñibles na biblioteca.


Séguenos