O MAGO JAVIER MURO NA BIBLIOTECA DE MUXÍA


A rapazada de Muxía pasou unha tarde estupenda co Mago Javier Muro e “O neno que quería ser mago” a maxia e os libros xuntos nunha actividade moi entretida.


A rapazada de Muxía pasou unha tarde estupenda co Mago Javier Muro e “O neno que quería ser mago” a maxia e os libros xuntos nunha actividade moi entretida.


O pasado sábado 19 de maio, actuou en Muxía Raquel Queizás, co seu espectáculo de narración oral “Ruta propia”, baseado en Mª Victoria Moreno. Actividade moi recomendable para achegar aos máis novos a vida e obra da autora homenaxeada nas Letras Galegas.

O día 1 de setembro Dada o Duende visitou a Biblioteca de Muxía e contou contos aos máis pequechos da vila que se divertiron moito.

O venres 9 de xuño, estivo na Biblioteca de Muxía Sherezade Bardají con “A viaxe de Toribio”, actividade de Ler Conta Moito.
Aquí podemos vela ensinando un xogo a tres voluntarias do público:


Hoxe tivemos na Biblioteca de Muxía a María Canosa coa súa actividade “Perder o medo a través da poesía” , unha sesión moi participativa na que nenos e nenas se achegaron á poesía dun xeito diferente ao tempo que se enfrontaron ao propios medos e viron como coa poseía o noso mundo pode ser un poquiño mellor.



O sábado 22 de abril, véspera do Día do Libro, tivemos na Biblioteca de Muxía a Xosé Tomás cun obradoiro de ilustración.
A actividade foi moi divertida e participativa e os nenos e nenas quedaron moi satisfeitos. O ilustrador Xosé Tomás compartíu con eles estratexias para facer caricaturas, para debuxar personaxes, colocar ben os rasgos etc…toda una lección maxistral e divertida. Tamén coñeceron algúns libros deste ilustrador que temos na nosa biblioteca.


Esta mañá estivo Anxo Fariña na Biblioteca de Muxía, facendo un obradoiro creativo sobre as súas personaxes. Os nenos e nenas aprenderon a debuxar aos ” pelelliños”, e crearon o seu propio pelelliño. Un pracer disfrutar co debuxo en directo de Anxo.




O sábado, 4 de xullo tivemos na Biblioteca Municipal a actuación de Solidariedade Internacional de Galicia, co espectáculo “Un outro mundo por descubrir; as viaxes de Irene”.
Foi unha sesión moi didáctica sobre outors países, os seus costumes, a flora e a fauna etc…O público fixo unha valoración positiva dunha actuación na que ademais de escoitar contos puideron sentir os aromas das especias orientais e mesmo tocar area do deserto…

Larraitz Urruzola na Biblioteca de Muxía
O pasado sábado visitaronnos na Biblioteca de Muxía os “Babacontos con Manuel María” do programa Ler Conta Moito.
A actriz Larraitz Urruzola trouxo a nenos e nenas de Muxía a obra de Manuel María dun xeito divertido e didáctico. Recitou poemas, contou contos e cantou e bailou cancións cos nenos e nenas, todo seguindo a voz do poeta.
Foi unha sesión divertida e entrañabel e pais e nais disfrutaron tanto coma os cativos.

O sábado, 2 de abril, estivo na Biblioteca de Muxía Xurxo Souto, co seu espectáculo “Océano para terrícolas”, baseado no seu libro Contos do mar de Irlanda. Esta actuación estaba integrada dentro das actuacións de Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
A actuación conxugou a narración de anécdotas relacionadas co mar, coa música- que conseguiu implicar a todo o público asistente. Ademais Xurxo homenaxeou ao mariñeiro muxián Belarmino Trillo- que aparece no libro- que estivo presente no acto, e participou da narración de historias do mar.
Estivo tamén presente Pazos de Merexo, que ao remate do acto ofreceu unas pezas co seu acordeón diatónico.
Asistiron unas 25 persoas, e a actuación foi todo un éxito e un disfrute para o público. Xurxo Souto conseguiu crear, coma sempre, un ambiente festivo co que celebrou a nosa cultura de pobo mariñeiro.
Recomendamos a actuación , é para non perder.


Séguenos