Feliz Día do libro dende a BPM de Negreira!

Hai clásicos que son marabillosos para celebrar o libro e maila lectura… Talía Teatro volveu crear unha atmósfera máxica para falar de igualdade e de valores. Sempre recomendables!

Hai clásicos que son marabillosos para celebrar o libro e maila lectura… Talía Teatro volveu crear unha atmósfera máxica para falar de igualdade e de valores. Sempre recomendables!


Moi ben o pasamos con Brais das Hortas celebrando o Día das Bibliotecas!
Enchimos o Auditorio da Casa da Cultura con cancións, contos e moita imaxinación. Moi, moi divertido tanto para os nenos coma para os máis maiores!

Graciñas a todos os que nos acompañáchedes!



Moi ben o pasamos con Don Fascículo!, porque como el di… Todo está nos libros! E así foi como axudamos a Xoel e Sabela na casa dos libros, mesturando adiviñas e bailes!
Para conmemorar o Día do Libro tivemos con nós a Narci Rodríguez, cantante e profesor, dirixindo un obradoiro de Beatboxing.
Comezamos aprendendo algo de técnica e acabamos cun contacontos onde puñamos os efectos de son. Foi moi divertido, participativo e diferente!
Feliz Día do Libro!!



Moi ben o pasamos co Mago Paco!! É mago e non necesita palabras para movernos!!

Os nenos estaban tan entregados que case se colgaban de Carmen! Foi un espectáculo moi participativo e pasámolo moi ben contando as nosas cousas…
Graciñas Carmen!
Cando hai agarimo nótase en todo o que se fai… Xa sexa escribires un libro coma facernos viaxar con el!!


Moitas grazas Celtia e A Xanela do Maxín!


Moito nos gustan os contiños que nos trae Cris! Que lindo todo!!



Séguenos