De catro a catro historias no mar
Moi boa asistencia de cativos acompañados dalgún maior, quedaron abraiados coa historia do vello mariñeiro acompañado de sombras, unha acitividade recomendada.
Moi boa asistencia de cativos acompañados dalgún maior, quedaron abraiados coa historia do vello mariñeiro acompañado de sombras, unha acitividade recomendada.
Pouca xente miuda para tan grande espectáculo, os cativos participaron activamente sendo eles os protagonistas, contaron contos, bailaron e colaboraroón con Eva Veiga, actividade moi recomendable, un saudo.
“Os Contos da Festa no Faiado” é unha sesión de contos para achegar ás nenas e nenos a figura de María Victoria Moreno, ao seu mundo divertido cheo de amor pola lingua galega, os animais, as viaxes, o mar… Contos cheos de preguntas, para que o público interactúe, inventando e enchendo de vida os contos contados.
Excelente acollida do evento homenaxe a María Vitoria Moreno, a cal se adicou as Letras Galegas 2018, estivo Marta Ortíz na Biblioteca de Noia cunha moi boa participación por parte dos nen@s.
Animada e concurrida tarde na biblioteca de Noia, máxia, historias, risas e participación dos cativos. Elefante Elegante ” O XIGANTE”.
9 de maio as 18 h. na Biblioteca de Noia disfrutamos das xenialidades de Alvaro Muras ” Carlos Casares con máxia e música”, cantamos, xogamos e fixemos máxia.
A Casiña de Carton 10/04/2017
O día 10 de abril continuamos divertindonos e participando coa obra ” A Casiña de Cartón” de Animar-T, cantamos, xogamos e vivimos unha aventura na casiña de cartón.
O día 3 de abril pola tarde estivo con nos na biblioteca de Noia, ” Mamá Cabra: Contos que saen dos libros”, moi boa acollida, estivemos todos moi animados e participativos, de seguro que volveremos a vernos.
O 19 de abril estivo con nós na biblioteca de Noia Raquel Queizás, Raquel amosou unha excelenete conexión cos cativos, ilustrounos con distintos instrumentos musicais populares de varios continentes, Kalimba de Africa. Marca de America Latina, Matófono instrumento Rioplatense, poidemos escoitalos e tamen participar directamente coas nosas mans.
Preciosa foi a interpretación dos distintos aparellos cotidians que temos nos nosos fogares, a través das súas verbas convirteunos en animais, divertímonos moito.
Grazas Raquel.

O luns 28 de marzo na Biblioteca de Noia estivo con nos o grupo Triatreros representado a obra “ Comechíns”, Alba contou e interpretou maxistralmente historias e contos, ao principio a xente miuda estaba un poco tímida pero de xeito máxico e fugaz escomenzaron a participar e a divertirse. Moitas grazas Alba.
Rematamos o ciclo de actividades do programa “Ler Conta Moito”, coa representación de Carlos Coira e a sua máxia, ” ABRAPLABRA. MAXIA E POESÍA ” os cativos moi activos, disfrutaron, riron e participaron, os aplausos foron longos.


Séguenos