“Zapatiños de cartón e a carta dos bosques” do Carballo con botas na Biblioteca Pública Municipal de Outes
O martes 10 de outubro continuando as sesións de contacontos, Anxo Moure, “Carballo con Botas”, chegou á Biblioteca de Outes portando unha carta dos bosques para que os nen@s aprendan a coidar da terra e das árbores.
Despois de contar as historias deulle a cada neno un zapatiño de cartón e saímos ao souto que hai ao lado da biblioteca para abrazar as árbores.






















Séguenos