“Andar aos biosbardos” con Charo Pita na Biblioteca Municipal de Outes
O martes día 4 de outubro comezamos as actividades de contacontos con Charo Pita á procura de Biosbardos.
Lebre, Lagarta, Cangrexo, Abella e o Vento Norberto foron os protagonistas de preciosas historias de camiños, cariño, amizade e da marabilla que é compartir con quen nos quere.
Foi unha tarde moi divertida de contos e cantos.






