Biblioteca Municipal de Padrón
Iniciamos a bibliomóbil de verán co espectáculo de contos con monicreques Raposadas de Raquel Queizás.
Iniciamos a bibliomóbil de verán co espectáculo de contos con monicreques Raposadas de Raquel Queizás.
Onte festexamos o Día da Biblioteca cun espectáculo da compañía Elefante Elegante, Lobo Bobo.
Como nos divertimos pequenos e maiores!!!!
O venres 7 de abril, comezamos na Biblioteca Municipal de Padrón as celebracións do Mes do Libro cunha actividade creativa da man de Pedras. Artesania e Patrimonio
Na Biblioteca Municipal de Padrón celebramos o Día da Biblioteca co obradoiro “Crea fósiles de dinosauros” da man de Maumarela.
Trinketrinke Teatro fixo gozar aos máis pequenos coa función O coelliño branco. Representación na que non faltaron contos, números de máxia e cancións.
A “exploradora” Raquel Queizás compartiu con nós as súas experiencias nas expedicións que fixo polo mundo. Os nenos e nenas e mailos seus familiares foron participes deste divertido espectáculo de narración oral.
Polo Correo do Vento presentou na Biblioteca Pública Municipal de Padrón: O misterio do pirata Benito Soto.
Os nenos e nenas acompañados dos seus familiares gozaron dunha xornada de contos e debuxos.
O mércores 22 de abril, Carmen Domech achegounos á Biblioteca de Padrón á cabra Micaela e a súa pastora. Trouxeron contos toliños e historias sen sentido que nos encheron de alegría.
O día 27 de maio ás 18 h. na Biblioteca Municipal de Padrón gozamos do contacontos teatral Aventuras na cociña. As verduras convertéronse en personaxes de conto, e o rato de Lonxedetodo deunos uns consellos alimenticios moi saudables.
Séguenos