Cantamos na B.P.M do Pino con Eduvía
O pasado 17 de xullo Eduvía Xestión Cultura e Lecer achegouse ao Pino para ensinarlle aos máis pequenos e pequenas un montón de cancións, frases e ditos da nosa tradición galega. Encheuse o salón social da Casa da Cultura de risos, saltos e personaxes que fixeron da mañá un momento especial no que todos e todas participaron e aportaron os seus saberes





O pasado 23 de outubro Marisa Irimia visitou o Pino e trouxo consigo una chea de historias da súa Biblioteca Secreta que escoitaron todos os rapaces e rapazas de primaria do CPI Camiño de Santiago. Unha hora chea de historias e alguna marioneta que asomou para acompañar a Mariasa e o seu público.
O pasado xoves 11 comezaron as actividades que se propoñen desde o Concello de O Pino para conmemorar o día Internacional das Bibliotecas que se celebrará o próximo 24 de outubro.
O pasado 21 de xuño despedimos o curso escolar no Pino e demos a benvida ao verán viaxando por diferentes países e continentes ao son das historias e as cancións de Lydia Botana e a súa bolboreta, “de aquí para alá”.
Feliz verán!! Vémonos nas bibliotecas!!


Séguenos