Montamos unha banda de verán con Xoán Curiel!
O pasado sábado, 12/07/2025, veu Xoán Curiel a Ribeira para axudarnos a montar a nosa banda de verán con Ler Conta Moito.
A quen lle gusta a música? A quen lle gusta cantar? A quen lle gusta bailar? E quen non lle ha de gustar…
Pois así foi. Cantamos, bailamos e tocamos todos cantos instrumentos nos trouxo Xoán co seu espectáculo “Como montar a túa banda de verán”.
Esta función está baseada no libro disco da Editorial Galaxia “Estamos no verán” de Xoán Curiel e Charo Pita.
Se queredes ler este libro e tantos outros que temos na Biblioteca Pública Municipal de Ribeira recordámosvos que o horario de verán é de 8.00 a 14.00 h de luns a venres.
Que teñades boas lecturas de verán!















Séguenos