CUEIROS DE CORES VISITOU A BIBLIOTECA SUÁREZ PICALLO DE SADA.
A Ratiña Faifá, fixo desfrutar ós m
áis cativos de contos con exercicios de ximnasia.
Tamén descubriron as nosas emocións.
Un rato moi dulce e entretenido para os nosos pequenos
A Ratiña Faifá, fixo desfrutar ós m
áis cativos de contos con exercicios de ximnasia.
Tamén descubriron as nosas emocións.
Un rato moi dulce e entretenido para os nosos pequenos
Mañán maravillosa a que pasaron os nosos rapaces do colexio de Sada e Contornos. Un día distinto pero cheo de aprendizaxe.
Aprendieron a facer un cómic, as súas pautas e a debuxar.
Obradoiro máis que recomendable. Santy Gutiérrez, estupendo


Contacontos en Movemento: Libros e Ioga na Biblioteca Municipal de Sada
O pasado sábado 14 de outubro visitou a biblioteca de Sada o Mago Paco, que lles descubriu aos asistentes que os libros poden esconder moita maxia.
Os nenos e nenas gozaron moito dun espectáculo de animación á lectura divertido e participativo.

As alumnas e os alumnos de Segundo da ESO do IES O Mosteiron, de Sada, gozaron moito de “O Mundo da Dobraxe”.
A biblioteca organizou dúas sesións para que os grupos fosen reducidos e a actividade fose máis participativa. Así, todos os asistentes puideron converterse en actores e actrices de dobraxe por un día, e saíron encantados da experiencia.


“Contacontos en Movemento: Libros e Ioga!” na Biblioteca de Sada.
O sábado 9 de outubro, da man de Árbore Azul, un grupo de nenas e nenos descubriron na Biblioteca de Sada que hai moitas formas diferentes de ler.
Grazas a actividade “Contacontos en Movemento: Libros e Ioga!” aprenderon técnicas básicas de respiración e posturas de ioga coas que poderán relaxarse cando o necesiten.
A tardiña do pasado venres 30 de setembro chegaron á Biblioteca Infantil de Sada as compañeiras de AZ Lingua de Signos para abrir unha maleta chea de contos en galego e lingua de signos para @s nen@s do lugar, actividade que nos serviu para celebrar o día europeo das linguas (26 de setembro) porque a lingua de signos tamén é unha lingua, sabíalo?

Este pasado sábado 24 de setembro acompañounos Charo Pita e a súa formiga nunha mañá chea de contos para pequen@s e grandes na que houbo unha chea de diversión na Biblioteca Infantil da Biblioteca Ramón Suárez Picallo de Sada.

O pasado venres 20 de maio a mocidade de Sada pasouno moi ben na xornada de creación de personaxes e historias da man de Santy Gutiérrez no obradoiro de banda deseñada, co cal celebramos que o 1 de maio foi o día da banda deseñada. Foi na sala xeral da Biblioteca Ramón Suárez Picallo de Sada, e agardamos que se repita máis veces! Moitas grazas, Santy!



Séguenos