Pakolas en Santiso
O venres 21 de xullo Pakolas animou a mañá cos seus contos e cancións na Axencia de Lectura de Santiso, os preto de 50 nenos e nenas estiveron moi entretidos e contentos, cantando e bailando con el.

O venres 21 de xullo Pakolas animou a mañá cos seus contos e cancións na Axencia de Lectura de Santiso, os preto de 50 nenos e nenas estiveron moi entretidos e contentos, cantando e bailando con el.

Esta mañá os nenos e nenas de Santiso quedaron encantados co contacontos de Alba Bermúdez “Comechíns, segundo prato”. A través dos contos coñeceron alimentos, descubriron alerxias e desfrutaron das aventuras de todos os protagonistas.

O pasado venres 12 de maio co gallo da proximidade da conmemoración do día das letras galegas, visitou a nosa axencia de Lectura o mago Martín Camiña cargado e ilusión e maxia das obras de Carlos Casares.
O pasado venres, día 21 de abril, na Axencia de Lectura de Santiso celebrouse o día do libro con este Contacontos.
A través desta actividade coñecemos a cultura de alguns lugares de África, a súa música, costumes, alimentación etc, todo cos contos sobre as viaxes de Irene.
Foi moi entretida e divertida.

O pasado venres 29 de xullo, na Axencia de Lectura de Santiso tivemos a actuación de Divermaxia, a que asistiron a cerca de 40 nenos e nenas. Foi unha actividade chea de contos e maxia.
O pasado venres 15 de xullo a actuación “Érase un sombreiro…” estivo contándonos en Santiso bonitas historias sobre sombreiros.
O pasado xoves 16 de xuño na axencia de lectura de Santiso, contáronnos contos e fixeron maxia para os todos os nenos e nenas ali presentes. 
O pasado mércores 18 de maio celebrouse na Axencia de Lectura de Santiso o día das Letras Galegas. Tivo lugar un gran xogo das Letras Galegas, no que participaron arredor de 40 nenos e nenas. Foi una ctividade moi divertida, educativa e entretida.
O pasado venres 31 de xullo, chegaron a axencia de lectura de Santiso as “Aventuras na Cociña”, un contacontos teatralizado con diferentes ingredientes de cociña. Foi unha actividade moi creativa que fomentou a lectura e bos hábitos alimentarios, na que participaron arredor de 35 nenos e nenas.
O venres 24 estivo na axencia de lectura de Santiso Leo Leiño, facendo partícipe aos asistentes da súa maxia cómica a través dos contos. Tanto os nenos/as como os adultos foron sorprendidos en todo momento e cada un deles moi ilusionado pola maxia
.


Séguenos