O día 20 celebramos o fin de actividades do centro sociocultural do concello de Bóveda (Lugo), coa presencia de Paco Nogueiras e o “Brinca vai, de aquí acolá”.
Unha actuación chea de música marchosa que fixo moverse a grandes e pequechos/as.
Divertida e de moita calidade, creativa e musical.
A viaxe de Irene a Guatemala (América Central) foi a contada escollida para celebrar o Día das Letras Galegas na AML de Bóveda (Lugo).
Foi unha narración ben divertida, na que nos amosaron moitas cousas dese país: as súas costumes, a arte, as tradicións, o seu xeito de vida, etc…Todo iso a través de xogos, bailes, música, e como non, un conto precioso.
Para celebrar o Día Internacional do Libro acompañounos na Biblioteca de Bóveda (Lugo) o grupo de Teatro Triatreros coa contada “Comechíns” para animarnos a ler e a comer san.


Séguenos