Charo Pita e o fin de curso no P.A.I. de Bóveda
Coma sempre o espectáculo para bebés de Charo Pita non defraudou nin a pequenos nin a maiores.
Coma sempre o espectáculo para bebés de Charo Pita non defraudou nin a pequenos nin a maiores.
Contos, xogos, propostas plásticas e música déronse a man para crear un obradoiro aberto a todo o público, onde ademáis de compartir historias e de recurrir á plástica foi necesaria a implicación dos asistentes para crear a nosa mellor sopa do mundo.
A editora OQO trouxo a Bóveda un obradoiro xenial.
O venres despedimos as actividades de inverno do Centro Sociocultural do concello de Bóveda con risas, maxia, música e a compañía de dous grandes profesionais do clown e a animación infantil e o seu espectáculo A biblioteca máxica. Foi unha experiencia sensorial muy agradable.
O día 29 de outubro celebramos no centro sociocultural do concello de Bóveda un magosto musical coas voces de Xoán Curiel e Iris Gey cantando cantigas de Martín Códax e versións en doutras cancións galego que fixeron un remate de magosto fantástico…..acompañado das versións orixinais das cantigas de Pero de Ver musicadas para o público bovedense que alí estabamos.
Un pracer para os sentidos…Grazas
O espectáculo “Filipa cos contos” amenizou a celebración no Concello de Bóveda o día 16 de maio da festa das letras galegas.
Letras de cancións, de contos, de xogos……..para gozar, coa axuda do repertorio infantil de Carlos Casares e bo facer de Fran de Bandullo Azul, dun rato de celebración da nosa lingua e dos nosas letras.
Un gran espectáculo no que a risa está asegurada e a participación do público tamén.
Celebramos o día do libro o venres 21 de abril no Centro Sociocultural do concello de Bóveda coa visita dun artista (Juste Kamisibai) cos seus teatros de papel.
Un espectáculo singular e moi interesante no que coñecimos diferentes versións dos teatros de papel orientais, xunto con curiosas historias contadas con moita simpatía, facendo participar ao público e deixando voar a nosa imaxinación.
Os contos do marmeleiro, anís e limón chegaron a Bóveda para endulzar os oídos das persoas que asistiron a festa de despedida do Punto de Atención á Infancia do concello.
Os rapaces e rapazas do campamento urbán de Bóveda disfrutaron o pasado venres dun obradorio de sombras chinesas a cargo de Olga Novo.
.
Onde día 22 celebrouse o fin de actividades do centro sociocultural de Bóveda cunha festa que tivo un broche de ouro: “Bibliocanta” a cargo de Rocío Couto Rendo. Na actividade musical pequen@s e maiores bailaron, cantaron, recitaron e xogaron co cancioneiro tradicional.
O venres 20 de maio disfrutamos dunha charla didáctica na que Anxo e Comba da Asociación Cultural Morreu o Demo, amosaron a evolución da historia dos monicreques e en especial a do personaxe Barriga Verde dun xeito divertido.
Coñecimos diferentes tipos de marionetas e a súa manipulación. E contáronnos como coñeceu Manuel María a Barriga Verde cada era un neno.
Séguenos