O CONCELLO DE BÓVEDA CELEBRA O DÍA DA BIBLIOTECA CON SERGIO RIVAS E BLACKGALICIA
O día da biblioteca celebrámolo pola mañá acompañados do “Cantacontos” de Sergio Rivas ao que acudiron os nenos e nenas do Ceip Rosalía de Castro que disfrutaron dabondo con este xenial artista.
E despois pola noite tivemos a sorte de contar coa actuación de Iria Mejuto con BlackGalicia “Soul e literatura”, un percorrido pola música negra de todos os tempos. Moi recomendable.