Fantasía Musical na Biblioteca de Darbo
O pasado mércores, día 23 de Outubro, estiveron en Darbo María Faltri e Jorge Juncal co seu espectáculo “Fantasía Musical”.
Foi un concerto moi ameno, con temas de distintos xéneros musicais. Nenos e nenas divertíronse cantando, bailando e xogando coas letras do abecedario. Un estupendo peche do programa Ler Conta Moito deste ano.