A BAILAR CANDA OS TEMPOS con Xandobela en Bóveda
Asistimos a un obradoiro de danza tradicional desde a perspectiva do xénero impartido coa ledicia e o bo facer das monitoras de Xandobela que nos transmitiron o amor pola danza e a música tradicional galega cunha nova mirada moderna e igualitaria. Unha actividade máis que recomendable.