2ª SEMANA DO SETEMBRO VIOLETA NA BIBLIOTECA DO CONCELLO DE BÓVEDA
Esta segunda semana visitaron o centro sociocutural do concello de Bóveda (Lugo):
Anxo Moure coa súa “Fábrica de corazóns de papel reciclado” e Sabela Cortizas coa súa proposta “Vermella”. Dous grandes contadores con actividades interactivas e educativas que fixeron as delicias das persoas que asistiron e axudaron moito nesa tarefa de educar contra a violencia de xénero e pola igualdade e a ecoloxía.