Unha Maxia Diferente, co Mago Paco, na ALM de Carnota
O pasado venres o Mago Paco tróuxonos á ALM de Carnota “Unha maxia diferente”, un espectáculo orientado a promover a igualdade de xénero que trata temas como a violencia ou o machismo e traslada valores como a igualdade entre mulleres e homes, o amor e o respecto. O humor e a interacción co público son dúas das claves desta montaxe, que resultou un éxito rotundo.