Divermaxia co Mago Paco na ALM de Carnota
O pasado venres, 5 de agosto, o Mago Paco visitou a Axencia de Lectura Municipal de Carnota con Divermaxia, un espectáculo de A Illa d@s nen@, do máis dinámico e interactivo, que mestura narración oral, xogos e ilusionismo con grandes doses humor. Sen dúbida, recomendable. Que ben o pasamos!