O Mago Paco na BPM DE CORCUBIÓN
“Maxia divertida 2.0” , co Mago Paco e o programa: Ler Conta Moito.
Unha tarde divertidísima con público infantil e familiar.
“Maxia divertida 2.0” , co Mago Paco e o programa: Ler Conta Moito.
Unha tarde divertidísima con público infantil e familiar.
O pasado mércores, 22 de agosto, o Mago Paco volveu encher de maxia a ALM de Carnota, nesta ocasión con Maxia Divertida 2.0, un espectáculo repletiño de sorpresas, que combina contos, xogos, maxia e moitísimo humor.
Quedamos con gana de máis!
O pasado venres visitounos o Mago Paco cunha maleta cargada de contos, xogos, trucos sorprendentes e moitísimo humor. Divermaxia é un espectáculo para público infantil e familiar, dinámico e interactivo, que combina maxia e narración oral. En Carnota somos superfans do Mago Paco!
O sábado 24 rematamos a Choiva de contos do mes de setembro cun espectáculo de maxia, a cargo do Mago Paco.
O Mago Paco trouxo a súa DIVERMAXIA á Biblioteca e pasámolo en grande.
Contounos historias, contos, fixemos xogos. E, por suposto maxia!!!.
Os nenos e as nenas puidemos subir ao escenario con el e axudarlle.
Actividade de dinamición a lectura a través da maxia mediante historias, contos e xogos. O Mago Paco é unha personaxe moi peculiar que non para de argallar novas maxias para os ne@s.
Desta volta mestura a risa como elemento principal para sorprender @s mais cativ@s coas suas hitorias cheas de maxia.
Se queredes máis información sobre este evento clicade aquí.
O pasado venres, 5 de agosto, o Mago Paco visitou a Axencia de Lectura Municipal de Carnota con Divermaxia, un espectáculo de A Illa d@s nen@, do máis dinámico e interactivo, que mestura narración oral, xogos e ilusionismo con grandes doses humor. Sen dúbida, recomendable. Que ben o pasamos!
Cando chega o verán, a biblioteca Monte Alto sae a rúa para achegar a lectura e a biblioteca aos veciños do barrio. E unha boa forma de darnos a coñecer é facendo actividades de calidade para todos os públicos. Nesta ocasión, convidamos ao Mago Paco a acompañarnos o pasado 8 de xuño. Durante toda a hora tivo ao público pendente das dúas verbas; fíxonos sorrir, usando os contos e as historias como fío condutor dos seus xogos e trucos de maxia. Unha tarde inesquecible. Grazas, Mago Paco!
Séguenos