Divermaxia co Mago Paco na ALM de Carnota
O pasado venres visitounos o Mago Paco cunha maleta cargada de contos, xogos, trucos sorprendentes e moitísimo humor. Divermaxia é un espectáculo para público infantil e familiar, dinámico e interactivo, que combina maxia e narración oral. En Carnota somos superfans do Mago Paco!