As maxias mais maxicas de todalas maxias
Este luns, ás 19:00 horas visitounos Martín Camiña co seu espectáculo de maxia na biblioteca pública de Ponte Caldelas. Os asistentes quedaron encantados con esta actividade do máis divertida que consistiu nun espectáculo de maxia na que se intercalaba información sobre algunhas das obras de Carlos Casares.
Público asistente:
cativos: 26
adultos:15