TÍTERES NATUACASA con Operación plancton


Unha obra de títeres e música moi educativa para concienciar sobre o cuidado do medio ambiente e que se presenta de forma divertida e participativa


Unha obra de títeres e música moi educativa para concienciar sobre o cuidado do medio ambiente e que se presenta de forma divertida e participativa


Caxoto presentou un conto para bebés ,con cancións e moitas figuras de animais ,narrado co seu bo facer.
Un conto que os nenos e nenas seguiron con atención ,aínda que eran de idades ata tres anos.
Aida soupo unir diferentes manifestacións artísticas cunha narración ó estilo das nosas avoas.
Non faltou sorpresa e suspense, animando coa música de diferentes instrumentos tradicionais do noso folklore.
As nenas e nenos así como adultos presentes, participaron activamente na actividade que logrou manter o interes de diferentes idades sobre a mesma.





Conto moi divertido con animaliños moi logrados e moi ben manexados que despertou a emoción e participación dos nenos e nenas de infantil e tamén da galiña azul ,que visitaron a biblioteca para escoitar esta bonita historia
Disfrutaron moitisimo e a posta en escena foi moi boa a parte de lograr o interes durante todo o tempo que durou o conto


Actividade para bebés na que se conxugan efectos visuais con música e narración logrando manter a atención durante a media hora que dura o conto. Trabállanse as emocións.


Tivemos a última sesión de contacontos de ler contamoito coa actividade ” cociñando historias “e resultou moi entretida permitindo coñecer diferentes historias encamiñadas a concienciar na igualdade de xénero entre os máis pequenos.
Visitáronnos os nenos e nenas do cole de Antas de Ulla que seguiron a actividade moi participativ@s


Foi un espectaculo moi animado con musica e participación do público .
Unha tarde divertida e de afianzar a nosa identidade galega así como un bonito recordo das cantareiras ás que se lles adica o día das letras galegas.



TARDE FANTASTICA CON ESTA GRAN PROFESIONA QUE FIXO PASAR UNHA EXPERIENCIA ÚNICA A NEN@S E FAMILIAS.
DISFRUTAMOS MOITO ESPECIALMENTE VENDO @S PEQUECH@S TAN CONTENTOS .
A MÚSICA ,O CANTO ,OS SONS ,O MOVEMENTO TODO FIXO QUE O PASARAMOS MOI BEN.



Un contacontos moi entretido e participativo ,narrado con destreza e vitalidade por Ana e conseguindo a atención de máis de 80 nenos e nenas de diferentes idades ,chegando a reclamar máis contos dentro dun clima do máis activo e vivo.Participaron nesta actividade tódolos nenos e nenas do cole de Antas de Ulla.
Moi recomendable esta actividade con Ana Carreira.


O coautor do libro “O androide Simón ” José Manuel Dopazo ,estivo contandolles o conto e falando dos planetas.
Logo os nenos e nenas debuxaron diferentes planetas escollidos por eles ,puxeronlles o nome a cada planeta
Durante o mes anterior os nenos e nenas do club de prelectores leron o libro como preparación para o encontro co escritor.


Séguenos