CONTOS ANIMADOS CON MANUEL SOLLA
O 24 DE SETEMBRO TIVEMOS NA BIBLIOTECA DE CASTRO DE REI A MANUEL SOLLA QUE NOS TROUXO UN CONTACONTOS MOI DIVERTIDO, ACOMPAÑADO DE MÚSICA, BONECOS E MAXIA.
O 24 DE SETEMBRO TIVEMOS NA BIBLIOTECA DE CASTRO DE REI A MANUEL SOLLA QUE NOS TROUXO UN CONTACONTOS MOI DIVERTIDO, ACOMPAÑADO DE MÚSICA, BONECOS E MAXIA.
O MÉRCORES 2 DE OUTUBRO MARTÍN CAMIÑA PRESENTOU O SEU ESPECTÁCULO DE MAXIA ” ENLEADA DE ENREDOS” NA BIBLIOTECA POETA CRECENTE VEGA DE CASTRO DE REI.
NENOS E MAIORES DIVERTÍMONOS MOITÍSIMO.
NENOS E MAIORES DISFRUTARON COAS AVENTURAS DE GARABANCIÑA E O ESQUÍO, UN CONTACONTOS ACOMPAÑADO DE TÍTERES E MÚSICA.
NENOS E MAIORES AXUDAMOS AOS ACTORES DO GRUPO AVENTEIRA A CAMBIALO CONTO DE CARAPUCHIÑA VERMELLA.
FOI UN CONTACONTOS MOI PARTICIPATIVO E ENTRETIDO.



Nenos e maiores de Castro de Rei disfrutamos co contacontos ” Amadeo e as historias do galiñeiro” narrado por Raquel García Crespo.
Con este conto aprendemos que como fixo o galiño Amadeo temos que loitar sen medo para conseguir as nosas metas.

O 20 de xuño o mago Pedro Bugarín ilusionou a nenos e maiores co seu espectáculo “Galicia ilusiona coa maxia”
e anima aos nenos a que ler é a mellor opción para este verán!!!

NA BIBLIOTECA POETA CRECENTE VEGA DE CASTRO DE REI NENOS E MAIORES DISFRUTAMOS CON XOÁN CURIEL E O SEU ESPECTÁCULO
“COMO MONTAR A TÚA BANDA DE VERÁN”, UN CONTO-CONCERTO MOI DIVERTIDO,
DIDÁCTICO E PARTICIPATIVO.



O venres 1 de outubro varios grupos do colexio de Castro de Rei disfrutaron cos “Contos da lúa”, un contacontos apoiado con marionetas e bonecos planos.
Descubriron que mentres dormen a lúa mira pola ventá e entra nos seus soños. Ademáis viviron un soño moi especial, o dun neno que era un gran lector chamado Calcetín.


O venres 17 de setembro a nosa biblioteca encheuse de maxia coa actuación do mago PEDRO BUGARÍN.
Un espectáculo superdivertido e moi participativo, para nenos e maiores, no que non faltou a música, o humor e a emoción de principio a fin.
Quedamos con ganas de repetir!!!

Onte ás 11 da mañá Olga Abad fixo disfrutar aos nenos e nenas coa historia de Maruxiña, unha osa moi especial e aventureira.


Séguenos