“A verdadeira historia de Hamelín” na Biblioteca Pública Municipal de Láncara
O pasado sábado 14 de setembro, os adultos e as crianzas de Láncara puideron coñecer “a verdadeira historia” da fábula O frautista de Hamelín grazas a MeRe Clown, especialista en malabares e tamén en contar contos.
Todos os asistentes o pasaron moi ben. Os máis pequenos cos movementos, xestos e relato do actor, e os adultos polas súas chiscadelas. Con esta adaptación do conto clásico tivemos risas, risadas, participación do público e un final feliz con boas ensinanzas.









Séguenos