Maxia na B.P.M. de Láncara
O pasado xoves 21 de maio tivo lugar na B.P.M. de Láncara a actividade “As viaxes máxicas de Charly Braun”, una sesión de maxia e humor na que o público asistente disfrutou e participou nos diferentes números realizados.

O pasado xoves 21 de maio tivo lugar na B.P.M. de Láncara a actividade “As viaxes máxicas de Charly Braun”, una sesión de maxia e humor na que o público asistente disfrutou e participou nos diferentes números realizados.

O día 16 de outubro na B.P.M. de Láncara tivo tivo lugar o obradoiro creativo “Deixa o móbil e debuxa”, realizado por Xosé Manuel Fernández Montes, no que os rapaces aprenderon diferentes técnicas para poder representar os debuxos propostos, tales como animais, personaxes de cómic, etc

O venres 3 de outubro Antía Yáñez trouxo á Biblioteca de Láncara a actividade “Rescate na Biblioteca”, que consistia en atopar un tesouro coa axuda de diversas pistas que se agochaban entre os libros e coa que os rapaces disfrutaron, ademáis de aprender como se organizan os libros nunha biblioteca.

O xoves 29 de maio tivo lugar na B. P.M. de Láncara unha actividade de robótica creativa que consistiu na elaboración de coches eléctricos autónomos. Os rapaces desfrutaron na elaboración dos vehículos e así como na carreira que organizaron ao remate do obradoiro.
O pasado 18 de outubro tivo lugar na BPM de Láncara a actividade “Circo na biblioteca” na que Dani Blanco representou diveros números de malabares con pelotas, libros, equilibros, clown e no que o público asistente estivo moi participativo e disfrutou coa actividade.

O pasado día 13 de setembro tivo lugar na BPM de Láncara a actividade “20.000 leguas de lectura divertida”, na que se levaron a cabo unha serie de experimentos relacionados coas obras máis representativas de Julio Verne e na que os nenos/as asistentes foron partícipes da súa realización, pasando así un anaco moi divertido.

O día 23 de maio na B.P.M. de Láncara tivo lugar o contacontos “Un universo na túa maleta” con Ana Meilán, no que o público asistente participou activamente
O pasado 13 de outubro tivo lugar un contacontos con títeres na biblioteca municipal. Tres historias diferentes que trataban sobre os monstros, Onde viven os monstros, adaptación da obra de Sendak, Os monstros de cores, de A. Llenas e unha obra propia onde fala dos monstros perxudiciais que podemos atopar nos pratos precociñados. Os rapaces estiveron moi participativos e gozaron co espectáculo.

O venres 29 de setembro na Biblioteca Municipal de Láncara tivo lugar a representación do espectáculo de títeres “O traxe novo do rei” a cargo de Tarabelos , unha versión do popular conto de Andersen co que os cativos e máis os adultos presentes pasaron un anaco divertido.

O día 19 de maio na B.P.M. de Láncara o Mago Deimi amosou o seu espectáculo “A maxia está nos libros”, co que o público asistente disfrutou cos seus números de maxia e no que participaron tanto adultos como nenos.


Séguenos