O MAGO DEIMI EN LOURENZÁ

O venres 11 de outubro o mago Deimi levou a cabo na biblioteca de Lourenzá unha magnífica actuación, moi interactiva.
A través de trucos de maxia foise facendo unha homenaxe aos libros e o que neles se atopa .

O venres 11 de outubro o mago Deimi levou a cabo na biblioteca de Lourenzá unha magnífica actuación, moi interactiva.
A través de trucos de maxia foise facendo unha homenaxe aos libros e o que neles se atopa .

o xoves 3 de outubro levouse a cabo un precioso espectáculo a cargo de Manoele De Felissa titulado ” cantos para a igualdade ” , que resultou moi gratificante para os asistentes .

o venres 27 de setembro o Mago Teto levou a cabo na Biblioteca Municipal de Lourenzá ” Juana Ibarbourou” un espectáculo incrible sobre 4500 anos da historia da maxia. Grandes e pequenos desfrutaron cos seus maravillosos trucos.

o venres 21 de setembro levouse a cabo na biblioteca Juana de Ibarbourou un espectáculo de música e cine a cargo de Olga Brañas ; actividade que resultou moi atractiva e novedosa para os asistentes; cunha magnífica posta en escea

O venres 13 de setembro levouse a cabo na biblioteca municipal de Lourenzá ” Juana Ibarbourou ” unha actividade que levou por título ” papiroflexia. Unha arte delicada”; onde os asistentes desfrutaron co artista Miguel Cortés facendo unhas preciosas figuras de papel con esta técnica oriental.

O día 27 de xuño na biblioteca de Lourenzá levouse a cabo un obradoiro titulado” radiocontada”, onde os asistentes crearon os seus propios aparellos sonoros para ilustrar sonoramente un conto , e deste xeito a radio dun xeito ameno chegou a Lourenzá a través das voces dos 15 nenos e nenas participantes nesta interesante actividade.

O mércores 6 de xuño a Biblioteca Municipal de Lourenzá, Juana Ibarbourou, tivo o pracer de contar cun magnífico espectáculo de maxia , mesturado co máis místico da literatura clásica e o mais moderno das tecnoloxías; a través do espectáculo ” Mundo Máxico 3. 0 a cargo de Pedro Bugarín.
O día 30de maio a Biblioteca Municipal de Lourenzá celebrou as Letras Galegas cun contacontos titulado ” o cataventos e outras historias de Vilaxeada ” baseado nos relatos de María Victoria Moreno , a cargo de Charo Pita. Pasamolo fenomenal!!
O día 24 de outubro a Biblioteca Municipal Juana de Ibarbourou de Lourenzá levou a cabo un espectáculo de maxia baseado en contos populares e que levou a cabo o Mago Albert.
Co gallo da celebración do día das Letras Galegas 2.017, a Biblioteca Municipal do Concello de Lourenzá , Juana Ibarbourou , rendiu unha homenaxe a Carlos Casares, cun espectáculo dirixido ao público infantil titulado ” Carlos Casares, con maxia e música ” que fixo as delicias dos asistentes.


Séguenos