A maxia de Mary Poppins

Esta tarde na bibilioteca de Monterroso visitounos unha maga moi especial: Leo Leiño, cunha simpática Mary Poppins. Con contos e maxia pasamos unha tarde moi divertida.

Esta tarde na bibilioteca de Monterroso visitounos unha maga moi especial: Leo Leiño, cunha simpática Mary Poppins. Con contos e maxia pasamos unha tarde moi divertida.

Esta tarde na biblioteca de Monterroso, visitounos o contacontos Elefante Elegante. Con música e un Xigante moi especial, aprendemos a importancia de coidar a natureza que é esencial para o noso planeta. Pasamos unha hora moi entretida.

Hoxe, na Biblioteca de Monterroso, visitounos Marisa Irimia.
Na súa maleta traía dous contos súper divertidos. Un trataba das aventuras dunha meniña que era pirata e o outro dunha princesa ra que non quería casar, sendo a súa única ilusión ter unha moto. Con cancións e contos pasamos a mañá a mar de divertida aprendendo o ensino da igualdade dos sexos.


Hoxe á biblioteca chegou un ratiño moi fachendoso do pais de LONXEDETODO, aprendemos con contos o ensino da igualdade dos sexos, sen roles preestablecidos nin prexuízos machistas.

Onte celebramos en Monterroso o día da biblioteca. Tivemos a Fátima Fernández cos seus contos Pop- Up. Pasámolo moi ben coas súas cancións e os seus libros.

Esta tarde, na biblioteca de Monterroso, tivemos un obradoiro de maxia impartido polo Mago Pedro Bugarín. Pasámolo moi ben , aprendemos trucos sinxelos pero emocionantes. Ao terminar recibimos do mago un agasallo moi orixinal.
O luns 25 tivemos unha bibliodiscoteca para empezar as vacacións
de verán. 


Para celebrar o día da biblioteca tivemos esta tarde a Fátima Fernández con “Contos revoltos”: Cancións, sustos, animais,… pasámolo moi ben.

Onte luns, tivemos na biblioteca de Monterroso historias de contos e de maxia a cargo de Leo, pasamos unha tarde estupenda.

Hoxe na biblioteca de Monterroso visitáronnos dúas cociñeiras algo toliñas que nos prepararon un caldo de bicos moi especial. Pasamos unha tarde moi divertida.


Séguenos