DÍA DO LIBRO EN MONTERROSO
Hoxe celebramos o día do libro na Biblioteca Pública de Monterroso o Día do Libro xunto a Anxo Moure
Hoxe celebramos o día do libro na Biblioteca Pública de Monterroso o Día do Libro xunto a Anxo Moure
O pasado venres 24 de Outubro, día das bibliotecas, contamos na nosa con Anxo Moure, que nos atrapou no seu obradoiro de contos sobre a igualdade, transmitindo a todos os presentes valores de coidado, respeto, solidaridade e todo aquilo polo que debemos loitar e o que debemos coidar para ter un mundo mellor…nunha tarde moi entretida á que tamén puxo música e baile.
O Día 26 de setembro visitounos Inma Soto e contounos as andanzas de Xela nas súas viaxes polo monte para coñecer a natureza, querela e respetala. E así comezamos as festas do San Miguel en Monterroso.
Celebramos as Letras Galegas con Antía Yañez e o seu PLAN DE RESCATE
Con motivo do Día do Libro na Biblioteca de Monterroso desfrutamos dun CONTACONTOS SENSORIAL, inicando aos bebés da vila no amor pola fantasía e a maxia dos libros

Para conmemorar o día da Biblioteca, tivemos en Monterroso á contacontos Cris de Caldas co conto A bibliotecaria estrafalaria 2.0”, onde @s asistentes gozaron e participaron activamente cos contos de esta bibliotecaria chamada Candelaria.

Onte, na biblioteca de Monterroso con motivo das festas patronais,tivemos unha tarde moi divertida con Ana Meilán.
Contounos un dos seus contos: Bágoas debaixo da cama. Aprendemos que é normal que choremos tanto de alegría como de tristeza.

Para celebrar a semana das Letras Galegas, esta tarde tivemos na biblioteca á contacontos Catuxa Cela co conto A Cebra Camila .

Onte , día do libro, recibimos na biblioteca de Monterroso á contacontos Raquel Crespo coa actividade : “Quiquiriquí”.¡Non hai mellor cousa que os contos para celebrar este día!

Onte pola tarde celebramos o día da biblioteca cunha maga moi especial: Leo Leiño e a súa simpática axudante.
Foi unha tarde chea de contos e maxia . Todxs pasamos unha tarde moi divertida.


Séguenos