SUPERLECTORES/AS. DESEÑA BROCHES, CHAPAS E MOCHILAS EN OUROL



OQO Editora estivo onte en Ourol co seu obradoiro “Coas mans na masa” . Os rapaces e rapazas traballaron co álbum “Maruxa” e coñeceron os segredos para preparan un bo pan, pero non para ir ó forno senon para dar forma a novos personaxes e crear novas escenas do conto.

Onte tivemos na biblioteca a visita de Elisabet Hillerud para impartir o seu taller de Zengoala. Diseñamos un caderno de lecturas coas sinxelas técnicas que nos ensinou. O taller gustou moitos a todas as persoas participantes. Elisabet é unha gran profesional e fixo que pasáramos unha hora moi agradable e entretida.
Dani Blancoj trouxo o circo á biblioteca de Ourol. Diversión e risas aseguradas. Pasamos unha tarde marabillosa e moi divertida.
Onte tivemos o obradoiro de “lettering” con Alba Farto; neste curso aprendimos as primeiras técnicas para o debuxo artístico de letras. Foi unha actividade moi interesante e Alba unha gran profesional.
Onte visitounos a toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza con experimentos moi interesantes e divertidos para os nenos e nenas de Ourol. Unha actividade moi amena e participativa que lles encantou.

Onte tivemos na biblioteca de Ourol o espectáculo Peque disco Moc Moc. Os nenos/as e os adultos disfrutaron dunha hora de música disco con coreos guiadas, xogos musicais e moitas risas.
Foi moi divertido!!!

Onte tivo lugar en Ourol a actividade “Cociñando contos pola nosa saúde”. Os rapaces pasaron un momento moi agradable con Lucas, traballaron a imaxinación e aprenderon como coidarse e como coidar o planeta.


O pasado martes tivemos este interesante e divertido obradoiro de ciencia en Ourol. Os rapaces/as pasaron un momento moi entretido e cousas sobre o mundo da microbioloxía

Onte estivo na Biblioteca de Ourol O mago Paco co seu espectáculo “Hocus Pocus”. Os nenos e nenas e tamén os pais e os avós pasaron un momento moi agradable e divertido.


Séguenos