CELEBRACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE QUIROGA
O pasado día 24 a Biblioteca Municipal de Quiroga celebrou o Día das Bibliotecas en colaboración co IES Quiroga. Visitaron as nosas instalacións alumnos/alumnas de 1º e 2º da ESO. Logo do percorrido pola Biblioteca participaron na actividade ” BIBLIOCANTA”, a cargo de EUVÍA XESTIÓN CULTURAL. Foi unha actividade participativa e dinámica na que se puxo de manifesto a importancia de manter viva a tradición oral . 



a actividade moi amena e divertida na que participaron activamente os asistentes.
Onte , grazas a colaboración do CEIP de Quiroga, celebramos o Día do Libro na Casa da Cultura co Mago Paco e o seu espectáculo “Hocus Pocus”.





Este sábado, co gallo do Día do Libro, a Biblioteca Municipal programou a actividade “Garavanciña e o esquío. Musicar un conto” con Babaluva Teatro. Foi un espectáculo moi participativo e dinámico tanto para nenos como para adultos. Unha moi agradable experiencia participar en musicar un conto da man de Mirari Urruzola.




Séguenos