“Avós “con Trinketrinke teatro na B.P.M. “El Viejo Pancho” de Ribadeo

O mércores 19 de setembro visitaron de novo a Biblioteca uns amigos moi queridos polos nosos nenos os ratos de Lonxedetodo coa súa artista máis internacional, a gran Lilí Gruyére, para falarnos dos nosos maiores. O ciclo da vida e o respecto debido aos anciáns son os dous temas tratados neste espectáculo. A ratiña Lilí Gruyére contounos como axudou a súa avoa, hai moitos, moitos anos, cando ela era pequena e a súa avoa aínda vivía, a plantar unha maceira. Hoxe, cada vez que come unha mazá, lembra a súa avoa. Relatounos os contos que ela lle contaba e púxonos a música que a ela lle gustaba.
A idade dos asistentes infantís estaba entre 3 e 9 anos e todos estiveron moi atentos e participaron no desenvolvemento da actividade como tamén os maiores que os acompañaban
























Séguenos