Marta Ortiz en Xermade
Onte, para celebrarmos o día das bibliotecas que se conmemora hoxe, visitounos Marta Ortiz co seu espectáculo Tralará.
Gozamos é rimos moitísimo coas suas cancións, ritmos e refráns. Que ben o pasamos!

Onte, para celebrarmos o día das bibliotecas que se conmemora hoxe, visitounos Marta Ortiz co seu espectáculo Tralará.
Gozamos é rimos moitísimo coas suas cancións, ritmos e refráns. Que ben o pasamos!

O pasado mércores visitounos Ángeles Goás para facernos unha contada do seu espectáculo “Un saco de contos”.
Desfrutamos moitísimo. De todas as historias que fomos quen de sacar do saco a de María pequeniña e a do polbo que quería papar o corvo foron as favoritas do público. Que ben o pasamos!

Este xoves tivemos unha contada moi especial. Inma, sen apelido porque é veciña do noso concello, veu facernos unha contada de “Xela, aventura na fraga“conto baseado no seu libro homónimo e segundo da serie.
A través dos descubrimentos de Xela, unha nena valente e curiosa, resolvimos unha misteriosa desaparición mentres fomos descubrindo a beleza e a biodiversidade que nos rodea. Plumas, pegadas e cacas axudáronnos a atopar de que animal se trataba.
Que ben o pasamos!

Que ben o pasamos onte con “A orixe”! Foi unha contada moi divertida, e tamén moi participativa, xa que cantamos, bailamos e até houbo persoas que se prestaron voluntarias para axudaren á Raquel na representación!

O pasado xoves demos por pechado o curso escolar entregando os premios dos certames de narración e debuxo, tanto o das “Letras Galegas” como o “Xermadeando”. Para poñer broche a unha tarde magnífica acompañounos Charo Pita facendo unha contada do seu “A cabeza a paxaros”. Reiterar os nosos parabéns a todas as persoas premiadas e desexarvos unhas ben merecidas vacacións de verán!

Que ben o pasamos onte con Nadia e David de Trinke Trinke e o seu espectáculo “O ratiño presumido”. Rimos e cantamos moitísimo ao tempo que reflexionamos sobre temas mais graves e profundos dun xeito fresco e ameno. Moitísimas grazas a eles e á xente toda que nos acompañastes!

Aquí vos deixamos algunhas fotos do obradoiro de banda deseñada que tivemos onte con Iria de Gnomo. Deunos unhas nocións básicas da linguaxe do cómic e da súa evolución lanzándonos ao pouco crear as nosas propias historias e personaxes. Eis o resultado!
Dentro das actividades programadas na semana do 8M recebemos a visita de Carmen Domech e o seu espectáculo “A carteira de Augasclaras”, deseñado para sensibilizar sobre a igualdade e a violencia de xénero. Basado en contos de Adela Turin e Nella Bosnia a audiencia pasou grandes momentos nun espectáculo que destaca pola calidade dos seus títeres.

Onte para celebrarmos o día da Biblioteca visitounos Ton Arenas, de Mircromina Teatro, que nos ensinou a facer monicreques con caixas de zapatos e produtos reutilizados.



Séguenos