Palitroques na biblioteca de Esgos
Construccións 3D hoxe na biblioteca de Esgos con Palitroques.
O tamaño das estructuras obrigounos a sacar os palitroques á porta da biblioteca.

Unha actividade en equipo que repetiremos!



Construccións 3D hoxe na biblioteca de Esgos con Palitroques.
O tamaño das estructuras obrigounos a sacar os palitroques á porta da biblioteca.

Unha actividade en equipo que repetiremos!



Hoxe foi tarde de escape room na biblioteca de Esgos. Distribuídos en 4 equipos resolveron todos os enigmas dos “Misterios da biblioteca” para chegar a solucionar a proba final.

Na biblioteca de Esgos onte tivemos un obradoiro creativo da man de Sheila García Prado e os seus “Contos en construción”.


A rapazada demostrou a súa creatividade construindo casiñas a partir de diferentes materiais. Artistas!!!
Na biblioteca de Esgos hoxe fixemos moito con cousas pequenas: reutilizamos materiais que temos pola casa para construir novos xoguetes.


Para celebrar o Día das Letras Galegas organizamos na biblioteca de Esgos o obradoiro “Unha viaxe creativa polas estacións do ano” o pasado xoves 16 de maio.

Da man de Academia As Curuxas, aula das ciencias de Allariz elaboramos con materiais de refugallo un testo para plantas. Tamén tivemos tempo para facer follas decorativas coa técnica do macramé.

Participaron 14 mulleres (ningún home) de edades diferentes que puideron levar para a casa as súas creacións
Onte na biblioteca de Esgos Elena ensinounos a técnica do “book folding” para transformar libros vellos en esculturas.
Onte en Esgos aprendemos a separar ben o lixo nos diferentes colectores

E tamén debuxamos o noso títere


Onte visitounos en Esgos Anxo Moure para contarnos historias de bosques coas que aprendemos moitos nomes de árbores, a coidar o medio, cantigas…

Hoxe a praza de Esgos encheuse de animais cos “Contos Animados”.
Tivemos que trasladar o contacontos á praza porque non dispoñemos de espazo para todos os nenos e nenas que acudiron.
O duende Dada volveu despois duns anos á biblioteca de Esgos e os seus contos de animais volveron a gustar moito.





Séguenos