Contamaxias co Mago Paco en Maceda
Onte tivemos o pracer de acoller na Biblioteca Pública de Maceda ao mago Paco coa súa marabillosa actuación “Contamaxias: contos e maxia mesturados”, unha proposta chea de imaxinación, humor e sorpresa.
Durante o espectáculo, grandes e pequenos gozaron dunha viaxe máxica na que os contos cobraron vida a través dos trucos, a participación do público e a simpatía do artista. O mago Paco soubo conectar dende o primeiro momento coa audiencia, enchendo a biblioteca de risas, ilusións e momentos inesquecibles.
Foi unha actividade chea de encanto e creatividade, perfecta para fomentar o gusto pola lectura e a maxia entre o público infantil e familiar. Dende a Biblioteca de Maceda queremos agradecerlle ao mago Paco o seu talento, a súa enerxía e a súa capacidade para facer que cada asistente volvese a crer un pouquiño máis na maxia.
Unha experiencia fantástica que agardamos repetir moi pronto!




























Séguenos