AVENTURA DE DANIELA PIRATA NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE MACEDA DENTRO DO PROGRAMA “LER CONTA MOITO IGUALDADE”
Un conto moi divertido no que aprendemos a loitar pola igualdade de xénero
Un conto moi divertido no que aprendemos a loitar pola igualdade de xénero
Celebramos o día da Biblioteca 24 de outubro con: María Ángeles Iglesias (actriz dramaturga) e Tato López (músico) coa súa actividade “Un lugar chamado mundo”. Onde se traballa sobre o xénero a multiculturalidade e o coidado do medioambiente.
Conto Musical interpretando a Mariña a mellor regueifeira do mundo e Nikolai que sempre quixo ser músico e tocoulle ser aviador, xuntos emprenderon unha viaxe por diversos países do mundo: China, Italia, Cuba, África…..

O día 22 pola mañá tivemos na biblioteca pública de Maceda “Francisco Carballo” a visita de Cristina Vázquez “Cris de Caldas” coa súa actividade: Eu conto, ti contas….Elas contan, na que os nenos e nenas de 1º da ESO, escoitaron con moita atención os seus contos con, de sobre mulleres. Contacontas de Igualdade.
Co motivo do gallo do día das Letras Galegas, os nenos do colexio público de Maceda pasaron un rato divertido con Sarabela Teatro e o seu Conto Express.

O venres 25 de setembro volvemos contar con Raquel Galavís.
O seu espectáculo cantacontos levou a uns 170 rapaces o mundo máxico dos contos e da música.
Os rapaces participaron activamente.
O venres dia 15 coincidindo coa celebración das “Letras Galegas 2015″, visitounos Raquel Galavís. Unhas 95 persoas entre nenos e adultos disfrutamos desta actividade de dinamización con música, danza e por suposto contos.Bailamos, cantamos e soñamos acompañados pola guitarra do seu compañeiro. Raquel púxonos en movemento coas mans, cos pes e o final con todo o noso corpo.Pasámolo todos xenial.
Na Biblioteca Pública de Maceda “Franscisco Carballo”, celebramos o día das Letras Galegas con Raquel Galavís e o seu espectáculo Cantacontos. Participaron uns 80 nenos/as de E.P do Colexio Público de Maceda xunto cos seus profesores. Raquel fíxonos cantar e bailar co ritmo da guitarra do seu compañeiro e participamos nos seus contos coas mans, pés e cos nosos propios movementos “pasámolo xenial”.
O mércores 23 de Abril, coincidindo con día do libro, tivemos na Biblioteca Pública de Maceda pola mañá a Luis con “Animalario Fantástico”. 40 nenos de EP do colexio público de Maceda.
Primeiro proxectoulles dibuxos de animais mitolóxicos, rematada a proxección os nenos/as tiverons que confeccionar dous libros de :”Animalrio Fantásico”
O Xoves 20 de Marzo as 9:30 Fátima Fernández visitou os nenos do colexio público de Maceda dene 3 e 12 anos sobre 185 alumnos repartidos en duas sesións os mais pequenos disfrutaron dos seus contos susurrados e os mais grandes das suas historias de tradición oral.


Séguenos