Contacontos Dana o duende na Biblioteca Pública Municipal A Carballeira
O venres 29 de xullo, estivo un duende moi especial na biblioteca, que nos fixo partícipe de tres historias entretidas con cancións moi pegadizas.
O venres 29 de xullo, estivo un duende moi especial na biblioteca, que nos fixo partícipe de tres historias entretidas con cancións moi pegadizas.
Onte martes 26 de xullo estivo Andrea contándonos a historia de Amelie Earhart, e taller de elaboración de dous modelos de avións… que xogamos con eles a facer viaxes.
O martes 12 de xullo que ben o pasamos coa bruxa Maruxa.
Historia dunha nena que non quere ser bruxa que quere ser artistaaaaa…. e dáselle moi ben!!!
Venres 8 de xullo, Sara narrounos varios contos … elaboración dun conto participativo, mezclado con un pouco de maxia e ilusionismo…
O martes 5 de xullo estivo Olga Abad cunha chea de contos.
O mércores 30 de xuño disfrutamos do primeiro conta contos.
Viaxe a Guatemala por medio dos cinco sentidos, actividade participativa e dinámica. Destaca pola súa orixinalidade en contar a historia e a súa parte didáctica na que as nen@s aprenden cousas típicas de Guatemala.
Onte 31 de agosto pechamos as sesión do programa Ler Conta Moito coa actuación teatral de A Run Run.
As Avoas chegan á biblioteca coa proposta anual de actividades para este ano. Para coñecelas hai que probalas polo que estas mulleres ensinarán como son o clube de lectura: letras para todas e todos, tarde de bingo pola igualdade, atenta coa ferramenta, ximnasia de mantemento ou taller de memoria…. inscríbete na que máis che guste.
Actividade realizada o aire libre, seguindo os protocolos covid.
O venres 20 de agosto a compañia Sarabela Teatro fomentaron a imaxinación dos asistentes a través do xogo dramático.
Unha viaxe polo fondo do mar, pasando por París ata chegar a Muralla chinesa.
O venres 6 de agosto as 11 horas a compañia a “Run Run” estivo coa obra “Aquelando as nosas letras con Xela”.
O público pudo imaxinar e participar do percorrido da vida de Xela Arias dende pequeña ata que publicou as súas obras.
O luns 31 de agosto, Albert fíxomos creer que a máxia existe.
Así de atentos e concentrados estivemos o longo dunha hora de espectáculo.
Séguenos