A Nena Lentella, A Mina de Libros e outros conto na B.P.M. A Carballeira
O martes 5 de xullo estivo Olga Abad cunha chea de contos.


O martes 5 de xullo estivo Olga Abad cunha chea de contos.


O mércores 30 de xuño disfrutamos do primeiro conta contos.
Viaxe a Guatemala por medio dos cinco sentidos, actividade participativa e dinámica. Destaca pola súa orixinalidade en contar a historia e a súa parte didáctica na que as nen@s aprenden cousas típicas de Guatemala.


Onte 31 de agosto pechamos as sesión do programa Ler Conta Moito coa actuación teatral de A Run Run.
As Avoas chegan á biblioteca coa proposta anual de actividades para este ano. Para coñecelas hai que probalas polo que estas mulleres ensinarán como son o clube de lectura: letras para todas e todos, tarde de bingo pola igualdade, atenta coa ferramenta, ximnasia de mantemento ou taller de memoria…. inscríbete na que máis che guste.


Actividade realizada o aire libre, seguindo os protocolos covid.
O venres 20 de agosto a compañia Sarabela Teatro fomentaron a imaxinación dos asistentes a través do xogo dramático.
Unha viaxe polo fondo do mar, pasando por París ata chegar a Muralla chinesa.


O venres 6 de agosto as 11 horas a compañia a “Run Run” estivo coa obra “Aquelando as nosas letras con Xela”.

O público pudo imaxinar e participar do percorrido da vida de Xela Arias dende pequeña ata que publicou as súas obras.
O luns 31 de agosto, Albert fíxomos creer que a máxia existe.


Así de atentos e concentrados estivemos o longo dunha hora de espectáculo.
O venres 7 de agosto contamos coa sesión de conta contos moi entretida e divertida.


Así de atentos e participativos estivo o público.
O xoves 29 de agosto contamos con unha sesión onde descubrimos que cos intrumentos cotiás da cociña podemos facer música.

Grazas por tanta música variada.
O mércores 31 de xullo contamos coa presenza de Raquel Quiezás, que nos fixo participe dos contos populares de tradición oral da nosa terra. Os protagonistas eran animais personificados que o final deixaron a súa pegada na nosa man.

Unha sesión moi entretida e didáctica. Grazas.
O luns 15 de xullo Anxo Moure veu vestido de árbore e a lomos do cabalino Caramulo para contarnos historias de teixos, freixos, bidueiras, aciñeiras, … aprenter a abrazar as árbores e coidalas

Grazas por pásalo tan ben.


Séguenos