06/10/2014
O pasado venres 3 de outubro, a través da axencia de lectura de Oubiña, puidemos gozar do espectáculo musical dos Tres Tenedores no Parque do Pazo de Torrado, en Cambados. Máis de 100 persoas entre pais e nenos riron a cachón cos dous vellos e os tres músicos que, non con certa complicación, fóronos amosando as diferentes clases de instrumentos de vento, de percusión… Durante aproximadamente unha hora divertímonos coas súas teimas e puidemos cantar e bailar mesmo ao son do lagarto da Carolina en todas as versións imaxinables… dende a rapeada, pasando pola heavy ou mesmo a reggae. Ademais, os tres músicos contaron coa inestimable axuda dos voluntarios do público para achegarnos aos instrumentos e a música… e fixeron o que boamente puideron!

Sen dúbida foi unha tarde entretida e chea de sorrisos. Con esta actividade demos a benvida ao comezo das actividades extraescolares nas axencias de lectura do municipio, dentro do mes das bibliotecas, que seguiremos a celebrar nos vindeiros días grazas ao programa de animación á lectura Ler Conta Moito.

Séguenos