09/08/2022
A compañía “A Tropa de Trapo” repesentou o venres 22 de xullo ás 11 hora da mañá na Alameda da Lama a súa nova obra de teatro “4 monos”, un espectáculo para pensar, para rir, para cantar e para soñar con outro mundo posible que chega a terras lamenses a través da colaboración entre o Concello da Lama e a Xunta de Galicia por mediación do programa “Ler conta moito” e a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
A proposta teatral dálle a volta aos emoticonos dos monos que non escoitan, non ven e non falan para que fagan todo o contrario en catro historias, que os levan a convivir coas mulleres dunha aldea, con habitantes do Sáhara, etc. Todo cunha innovadora e atraente posta en escena, onde forma e contido se complementan para reforzar a mensaxe.
Séguenos