Un outro mundo por descubrir; as viaxes de Irene na ALM de Areas (Ponteareas)
O pasado martes, 24 de outubro tivo lugar na Axencia de Lectura Municipal de Areas a actividade “Un outro mundo por descubrir; as viaxes de Irene“ actuación de Solidariedade Internacional de Galicia. Esta actividade foi realizada coa conmemoración coincidindo o Día da Biblioteca.
Tanto os nenos coma os adultos quedamos marabillados cos contos e historias de África, as lembranzas, a vida cotiá, os costumes, alimentación, música, baile, a flora e a fauna, etc… unha actuación na que ademais de escoitar contos puidemos sentir os aromas das especias orientais e mesmo tocar área do deserto, etc…
Actividade moi entretida na que os nenos e adultos puideron “viaxar” sin saír da biblioteca por distintos países de Oriente Próximo, como o Líbano, Jordania ou Palestina… e poder experimentar todas esas vivencias que teñen noutros lugares do noso planeta e súas culturas.






















![CAM00486[2]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2014/05/CAM004862-300x225.jpg)
![CAM00483[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2014/05/CAM004831-300x225.jpg)





Séguenos